Resumo da Asamblea de Pais tempada 2015-2016

Onte 8 de Setembro, ás 20:00 horas, celebrouse a Asamblea de Pais cos seguintes temas tratados:

  1. Informe do Presidente (Diego Vázquez)
  2. Balance Deportivo da tempada pasada 2014/2015 (Arturo Ferraces)
  3. Informe e planificación da actual tempada, 2015/2016 (Arturo Ferraces)
  4. Presentación da nova equipación para a tempada 2015/2016 (Rubén Lorenzo)
  5. Campaña de abonados Club (Marcos Díaz)
  6. Rogos e preguntas

Asamblea-padres-basket-xiria

 

Comentáronse os éxitos deportivos acadados pola Escola a tempada pasada, co feito máis destacado do Ascenso do Primeiro equipo a 1ª División Nacional, a un paso da liga EBA e o gran avance en número de nenas e nenos que practican Baloncesto en Carballo e na comarca, como se pode ver no seguinte cadro por número de federados.

distribucion-actividade-deportiva

Como punto destacado, presentouse a nova equipación para esta tempada

nova-equipacion-escola-basket-xiria

 

A gran novidade é que a camiseta é reversible para permitir o intercambio de xogadores do convenio BASKET XIRIA – ARTAI

reversible

 

Acordouse tamén a forma de facer fronte ós pagos das equipacións, que será comunicado individualmente a cada pai/nai a través dunha nota que será entregada as nenas e nenos pertencentes á Escola.

Calquer consulta, dúbida ou queixa durante toda a tempada, non dubidedes en comunicala a través de calquera dos nosos medios de contacto:

ESCOLA BASKET XIRIA

Pav. IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muiño da Pintura, nº 4

CARBALLO (A Coruña)

T/F. 981 75 85 54

M. 607 847 925

club@carballobasket.es

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*