O senegalés Cheikhouna Kane ficha para a vindeira tempada na 1ª División

Carballo, 31 de agosto do 2015. O ala-pívot senegalés Cheikhouna Kane incorpórase ao Carballo a un Paso para reforzar á plantilla do equipo sénior da Escola Basket Xiria de cara ao seu próximo debut na 1ª División. Kane (Senegal, 1993) chega a Carballo procedente do equipo da liga EBA La Sidrería Ferrol CB, no que militou a pasada temporada. Cos seus 2,04 metros de estatura, Kane, formado nas categorías inferiores do CD Real Club Náutico de Tenerife e o CB Villa de Adeje, é un xogador cun gran físico, unha característica á que Basilio Pampín intentará sacar o máximo rendemento. Na última tempada xogou 26 partidos co La Sidrería Ferrol CB, cun promedio de 9 puntos e 6,5 rebotes nunha media de 26,07 minutos por partido. kane-cheikhouna Esta é a traxectoria do xogador:

  • La Sidrería Ferrol CB (EBA), 2014/15
  • Estela (EBA), 2013/14
  • Askatuak (LEB Prata), 2013/14
  • Cafés Aitona (LEB Prata), 2012/13
  • Logitravel Mallorca Básquet (LEB Ouro), 2011/12
  • Basquet Mallorca (1ª Nacional Balear), 2011/12
  • Iberostar Básquet Mallorca (LEB Prata), 2010/11
  • Básquet Mallorca (EBA), 2010/11

O Carballo a un Paso debutará na 1ª División o vindeiro 3 de outubro en Cambre. O primeiro partido en Carballo será o 10 de outubro contra o Estudiantes Lugo. Ademais de Cheikhouna Kane, o adestrador disporá dos mesmos xogadores que acadaron o ascenso a pasada temporada. A nova xeración de xogadores júnior tamén reforzarán o equipo sénior.

PREMER para ver estadisticas do KANE: http://competiciones.feb.es/estadisticas/Jugador.aspx?i=671408

Esta tempada que comenza mantemos o plantel con xogadores da casa (Fran, Roi, Hector, Arguelles, Tato, Luís Gómez -e o coruñes Sergio Tomé-) e ademáis contaremos coa presenza habitual de xogadores dos equipos junior, que contan co nivel axeitado para competir na 1ª división. Un total de ata 10 xogadores junior podrán entrar nos plans do adestrador Basilio Pampín durante a tempada actual.

A fichaxe de Kane , que se consumou gracias ao CONVENIO co Club LEYMA BASQUET CORUÑA -Liga LEB Ouro- (o xogador adestrará con ámbolos dos equipos e xogara con Basket Xiria), representa a pontenciación dunha idea clara do club: SER UN REFERENTE NO BALONCESTO DE BASE EN GALICIA. Este xogador con 21 anos e ainda en periodo de formación, encaixa perfectamente nesa filosofía. Ademais reforzará o equipo no xogo interior, para non pasar apuros na categoría e tamén será un referente na imaxe do Club, sobre todo nas visitas a colexios para promocionar o baloncesto carballés.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*