O equipo Sénior de 1ª División Autonómica, xa ten calendario de competición.

O equipo carballés comeza a tempada 2015/2016 estreando categoria, na 1ª Div. Autonómica o vindeiro sábado 3 de Outubro fronte ao CB Cambre.

Nunha nova categoría comezarán os sénior da Escola Basket Xiria, baixo a batuta un ano máis de Basilio Pampín, que esta tempada ademais adestrará ó Equipo Junior masculino (equipo Vinculado ente a E.B. Xiria e C.B. Artai).

O equipo xa leva unha semana adestrando (dende o pasado luns 17), en conxunto cos dous equipos Junior de C.B. Artai e da propia E.B. Xiria, para que así os xogadores destes equipos poidan tamén participar na competición Sénior cando se estime oportuno.

A liga da 1ª División Autonómica, componse nesta tempada de 17 equipos en total, 9 no Grupo sur e 8 no Grupo Norte onde debutará esta tempada os carballeses, pero nunha categoría que non é allea, xa que xa estiveron en ela, previo paso en 2006 á Liga EBA.

Comezarán xogando fora de Carballo, o vindeiro 3 de Outubro, enfrontándose ao Baloncesto Cambre e debutarán no Pavillón Carballés á semana seguinte, o sábado 10 de Outubro fronte ó Estudiandes Lugo Leyma Natura. Esta fase da liga rematará o 24 de Xaneiro de 2016 e logo na segunda fase xogarán os catro primeiros conxuntos clasificados dos grupos Norte e Sur. Finalmente os catro mellores equipos disputarán una fase final A4 o día 8 de Maio de 2016.

O equipo conta cos mesmos xogadores da pasada campaña, que lograron o ascenso de categoría, non se descarta algunha fichaxe para reforzar ó equipo, se ben contase que se sumen os xogadores Junior para reforzar ó equipo e dar paso á esta nova xeración de carballeses.

DESCARGA: Calendario 1ª Division Autonómica Masculina Grupo Norte

Senior_comenzo adestramentos_1

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*