Éxito da xornada de pequebasket na Praza do Concello

Máis de corenta nenos e nenas de 4 a 8 anos de idade participaron na primeira xornada de pequebasket na Praza do Concello organizada pola Escola Basket Xiria coa finalidade de achegar o deporte aos máis pequen@s da casa. Os rapaces participaron durante toda a tarde do xoves en diversos xogos que tiveron como protagonistas os balóns e as canastras, adaptadas ás súas idades. A iniciativa foi moi ben acollida tamén polas familias, que mesmo chegaron a pedir que se repita en vindeiras ocasións.

SAMSUNG CAMERA PICTURESSAMSUNG CAMERA PICTURES

A actividade do pequebasket volve hoxe á normalidade, coas sesións deportivas que se levan a cabo ao longo de todo o curso no pavillón Bergantiños. Todos os martes, xoves e venres, de 17.30 a 18.45 horas, os nenos e nenas poden participar en actividades de iniciación á práctica deportiva, educación para a saúde, xogos dinámicos e formación integral deportiva, todo ilo co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables dende as idades temperás.

Os rapaces que queiran sumarse ao pequebasket da EBX aínda están a tempo. Só teñen que poñerse en contacto co director deportivo do club, Arturo Ferraces, no teléfono 670 847 925.