Axenda moi cargada para a Escola Basket Xiria este fin de semana

Adxuntamos os horarios dos equipos que disputan partidos este próximo fin de semana.

XORNADA-26-MAIO

Destacar o último partido do Senior Femenino que debe remontar 5 puntos para acabar terceiro da Categoría.

As cadetes e infantiles femeninas, xogan semifinais de Copa a partido único, ambas como visitantes.

Pola súa parte, todos os equipos pequenos, xogan no Municipal de Laracha as semifinais e finais da Liga Bergantiños, en colaboración co Concello de A Laracha. Mañá Xoves terá a presentación destas finais da Liga Bergantiños ás 12 horas no Concello de Laracha.

O sábado é o remate da actividade competitiva para os nosos alevins e benxamíns os cales afrontaron unha maratoniana temporada cunha intensa actividades no Centro (a liga 3X3 Seguros Sueiro) e externa, coa liga comarcal e a liga provincial. Destacar que os dous equipos, o benxamín A e o alevín A, lideraron os seus grupos na fase previa provincial o que lles permitiu xogar a primeira división provincial cos mellores equipos da Delegación. 

O fin de festa para ambos equipos terá lugar este sábado pola mañán no Municipal de A Laracha onde se reunirán os equipos participantes na liga comarcal para disputar a Copa Bergantiños 2018, na súa terceira edición e que por primeira vez se disputa fóra de Carballo.

Os horarios son os seguintes:

PREMINIBÁSQUET

09:30 -5º CLASIFICADO contra 4º CLASIFICADO: -Centro Buco Dental Laracha contra Escola Municipal Ponteceso

11:30 SEMIFINAL 1: -Artai B contra vencedor del partido de las 09:30 horas

11:30 SEMIFINAL 2 : -Escola Basket Xiria contra Laracha Cultiagro

13:00 FINAL: -Vencedor semifinal 1 contra vencedor semifinal 2

14:00 ENTREGA DE TROFEOS E MEDALLAS

MINIBÁSQUET

09:30 -5º CLASIFICADO contra 4º CLASIFICADO Escola Municipal Ponteceso-CEIP Labarta Pose Baio

10:30 SEMIFINAL 1 Escola Basket Xiria contra vencedor del partido de las 09:30 horas

10:30 SEMIFINAL 2 Artai B contra Clínica Diego Pérez Laracha

13:00 FINAL -Vencedor semifinal 1 contra vencedor semifinal 2

14:00 ENTREGA DE TROFEOS E MEDALLAS

 

COLABORACIÓN CON UN PASO MÁIS

E tamén o Sábado pola mañá, a Escola Basket Xiria colaborará coa agrupación deportiva Un Paso Máis, nas xornadas de portas abertas na praza do Concello. Intentaremos xogar na pista da praza do Concello en cadeira de rodas, con equipos do noso Clube. Alí nos vemos!

 

Este Sábado, homenaxe ós pais e nais d@s xogador@s da Escola Basket Xiria

Este Sábado ás 18 horas, o Vázquez y Reino Basket Xiria, equipo Senior Femenino da Escola Basket Xiria, xogará o seu último encontró da Segunda Autonómica de Baloncesto. É un partido moi importante, no que as de Carballo necesitan vencer por máis de 5 puntos para proclamarse terceiras da Categoría Autonómica.

No descanso deste partido, o noso Clube rendirá unha homenaxe ós pais e nais dos xogadores do Clube, figura que dende EBX consideramos vital para a boa marcha dos fillos no Clube.

ALÍ VOS ESPERAMOS ÓS PAIS E NAIS REPRESENTANTES DE CADA EQUIPO DO CLUBE! GRACIAS POR ASISTIR!

 

Recordamos tamén o

DECÁLOGO DOS PAIS E NAIS DOS DEPORTISTAS

  • Inculcade aos vosos fillos e fillas unha educación baseaa no respecto ao principios éticos deportivos, isto faraos ser mellores persoas e deportistas
  • Non lles esixades máis do que poden dar, nin os comparedes. Con iso só conseguiredes diminuir a súa propia estima e fomentar a súa ineptitude.
  • Estimuládeos pero non os sobrevaloredes, creríanse perfectos e incapaces de perfeccionarse. Os vosos fillos e fillas tamén teñen limitacións.
  • O feito de que sexan os vosos fillos non equivale a que teñan a razón. Facédello ver.
  • Tratádeos respectuosamente, é a manifestación do voso aprecio. Non fagades comercio coas súas calidades.
  • Non proxectedes neles as vosas frustacións nin aspiracións insatisfeitas.
  • O voso labor na competición pode ser animalos, pero non berrarlles nin darlles ordes.
  • Respectade o traballo do adestrador e as súas decisión
  • Sede os primeiros en respectar as decisión arbitrais, para que os vosos fillos e fillas as respecten.
  • Mostrádevos sempre correctos no voso porte e no voso vocabulario.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*