Horarios da fin de semana… comenzan os campionatos en categorias base e aprázase o partido de Liga EBA.

Logo de 10 meses, comenzamos xa as Ligas Regulares de categorías Sénior e Junior, organizadas pola Federación Galega de Baloncesto.

O equipo Junior Masculino, ORTODIX BASKET XIRIA, logo de xogar a fase previa para Liga Galega, comenza o campionato esta fin de semana, visitando oa CB Montrove, no Pavillon de Canide, o sábado día 12 ás 12h. O encontro a priori será igualado, si ben nestes momento e con considerable retraso no comezo da competición,cada partido será diferente e ningún igual, polo que ANIMO RAPACES!!!

Imaxe da Fase Previa disputada polos Junior de Ortodix Basket Xiria Artai

A novidade nesta xornada, está no SENIOR FEMININO, logo dunha tempada sen equipo netsa categoria, voltamos para quedarnos. Baixo o patrocinio de DIMOLK, debutamos nesta xornada na cada, en Carballo, fronte oa Santo DOmingo de etanzos. Un equipo veterán con moitos oficio e anos xogando nesta categoria… polo que o Domingo 13 as 12h ACUDE AO PAVILLON VILA DE NOIA e apoio ao noso Sénior Fem!!!

AO LARGO DA DEMANA PRESENTAREMOS AS XOGADORAS DO SÉNIOR FEMININO Dimolk Basket Xiria Artai… ESTADE ATENT@S!!!

Basket Xiria
Equipo Sénior Feminino de Basket Xiria na Tempada 20189/2019

En canto oa CALVO BASKET XIRIA, de Liga EBA, aprazade o partido que nos enfrentaria con Gijón Basket a solicitude dos visitantes. O encontro estaba previsto para o sábado 12 ás 17:30h, en Carballo, pero debido a un caso de COVID-19 dos xixonenses (aínda pendente de confirmar vía PCR) decidiuse non disputalo.

Logo de comentarnos o Gijón o sucedido, decidimos de mutuo acordo, non poñer en risco a saúde de ámbos equipos e remitiuselle á FEB unha solicitude para pospoñer o partido para a última semana de Decembro deste ano.

Imaxe e resultado do partido, entre ámbolos equipos na tempada 19.20 – Foto: TodoDeporte

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*