Horarios da fin de semana do 9-10.11.2019

Voltamose nesta xornada, logo do parón da semana pasada, con 11 equipos en competición e 5 partidos en Carballo.

Segunda semana de competicións nesta tempada 2019-20, en categoría CADETE, INFANTIL, MINIBASKET e PREMINIBASKET.

Os equipos senior do Club voltan a xogar en Carballo, pero en días diferentes. Na LIGA EBA o sábado ás 17:30h visitara oa CALVO BASKET XIRIA o UCOGA Seguros Chantada, equipo forte e chamado a estar na parte alta da táboa clasificatoria. E nesta ocasión o domingo día 10 ás 10h, o Sénior de 3ª División Autonómica, DIMOLK BASKET XIRIA ARTAI disputará o seu encontró contra o CB Arteixo Duacode.

Cartel do Sénior de Liga EBA e 3ª División

No tocante ós equipos de base en categorías Infantil e Junior Masculino xogaran ambos o sábado 9. Ás 10h no Pav. Bergantiños, xogan o Clínica Dental Noa García Xiria vs. Liceo la Paz, e as 12h o Ortodix Basket Xiria Artai vs. Basquet Coruña U18. Xa na xornada de domingo, tamén no Pavillón Bergantiños, o equipo cadete Feminino Xestoria Queijo Xiria Artai enfrontase a Maristas Champagnat. SORTE e FORZA XIRIA!!!

Cartel dos equipos de base Basket Xiria

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*