HORARIOS DA FIN DE SEMANA 12-13 Outubro

Comezamos coas primeiras xornadas, nesta fin de semana debutan en Carballo os conxuntos Senior (Liga EBA e Zonal), así coma os equipos Junior Feminino e Masculino, coma viistantes.

Especial atención oa debút do CALVO BASKET XIRIA de Liga EBA ante un Obradoiro Silleda (campión da tempada 18/19 en 1ª Div. Autonómica). O partido disputase no Pavillón Vila de Noia as 17:30h, con entrada de balde e multiples actividades durante o descanso e final do partido.

Aproveitando a acasión o equipo de Liga EBA xogará de amarelo en homenaxe a estas primeiras equipacións dos equipos de Baloncesto dos anos 80 en Carballo e realizarase unha fotografía conmemorativa ó finalizar o encontro.

Equipos Sénior Feminino e Masculino dos anos 80 en Carballo.

Tamén durante o descanso do encontro o Club fará unha homenaxe a modo de agradecemento á entidade social APEM. Aproveitando que o pasado 10 outubro conmemourase o Día Mundial da Saúde Mental. Este ano, baixo o lema “Conect@ coa vida”, as distintas asociacións galegas de saúde mental queren chamar a atención sobre o suicidio, un problema sanitario e social de gran relevancia en Galicia.

A ESCOLA BASKET XIRIA sempre implicada e sensibilizada coas iniciativas sociais, convidou a Asociación APEM de Carballo (Asociación Pro Enfermos Mentais) a asistir o noso primeiro partido de Liga EBA na casa este sábado 12 de outubro as 17,30h. No descanso do partido a representante da entidade lerá un manifesto relativo a este Día Mundial da Saúde Mental e faremos unha foto conmemorativa.

ESTA ACTIVIDADE REPITIRASE CON OUTRAS ENTIDADES SOCIAIS DA COMARCA DURANTE TODOLOS PARTIDOS DE LIGA EBA DA TEMPADA.

E para continuar a GRAN tarde de BASQUET en Carballo, as 19:30h debutará o Equipo de 3ª División Zonal das mans de Héctor Añón. O DIMOLK BASKET XIRIA ARTAI medirase a ADFRO, nunha nova etapa duplicando os equipos Sénior Masculinos con xogadores da Canteira.

Para completar a xornada, e xa coma visitantes o equipo Junior Feminino, SEGUROS SUEIRO ARTAI XIRIA, medirase ao Trebóns Basket Club ás 12h no Pavillón Valle Inclan da Coruña.

Por último o Junior Masculino de Basilio Pampín, ORTODIX BASKET XIRIA, disputará o Domingo 13, ás 12h, en Riazor 2 (Coruña), un apaixoante encontros contra o Basquet Coruña.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*