CADRO DE PARTIDOS PARA O FIN DE SEMANA 17-18 DE FEBREIRO

Tras a xornada de parón por Carnaval voltan a totalidade de competicións para os equipos da Escola Basket Xiria. Dispútanse 16 encontros dos cales en 6 o faremos como equipo local.

Destaca o inicio da segunda fase de loita polo ascenso para o equipo Senior Masculino Calvo Basket Xiria. Os xogadores de Iván Villaverde visitan a pista do Sigaltec Vilagarcía.

O sábado pola tarde dispútanse dous encontros no pavillón Bergantiños. A partir das 16:00 horas o cadete feminino Dental Noa García recibe o Star Enter Universitario, filial do equipo que disputa a máxima competición do baloncesto feminino nacional.  Tras a finalización do cadete feminino a partir das 17:30 dará comezo o partido alevín mixto entre o Escola Basket Xiria e o CB Artai. Sen dúbida será un bo encontro para ver as evolucións dos pequenos xogadores dos dous clubes de baloncesto carballés.

Cadro Horario Partidos Finde 17 18 Feb

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*