CADRO DE HORARIOS DE PARTIDOS PARA O FIN DE SEMANA 10-11 FEBREIRO

cadro partidos finde 10 11 FebreroCon motivo do Entroido este fin de semana non haberá partidos nas categoría de base. Os nosos equipos tan só disputarán dous encontros e os dous disputaranse o sábado 10 no pavillón Vila de Noia.

O senior feminino Vázquez y Reino Basket Xiria enfróntase o equipo santiagués Compañía de María Curves nun encontro correspondente a 15ª xornada da 2ª División Feminina Galega. As carballeses atópanse clasificadas na 2ª posición e o Compañía de María na parte media.

O junior masculino Ortodix Basket Xiria recibirá o Sigaltec Vilagarcía en partido correspondente a 14ª xornada da Liga Galega.

cadro partidos finde 10 11 Febrero

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*