CADRO DE HORARIOS DE PARTIDOS PARA O FIN DE SEMANA 11-12 NOVEMBRO

Este fin de semana ven cargada de partidos de baloncesto. Tanto os equipos senior masculino e feminino xogan os seus partidos en terras lucenses. O Calvo Basket Xiria desprázase o domingo a Lugo para medirse o Estudiantes de Lugo. O partido comeza as 12 horas. O Vázquez y Reino Basket Xiria vai disputar dous partidos na fin de semana. O sábado xogarán ante o Prone Lugo e o domingo ante o Baloncesto Lea en Castro Ribeiras.

O Júnior Masculino Ortodix Basket Xiria tamén xoga fóra da casa o encontro correspondente a 5ª xornada da Liga Galega. O equipo júnior viaxa o sábado a Lugo para medirse o Estudiantes de Lugo. O calendario quixo que nesta semana tanto o equipo júnior como senior masculino xoguen os seus partidos a domicilio fronte o Estudiantes de Lugo.

A mañá do sábado no pavillón Vila de Noia estará dedicada o baloncesto feminino. As 10:00 horas comeza o encontro junior que medirá o Dimolk Basket Xiria co Basket Coruña. Finalizado o encontro as 12:00 horas o equipo cadete Dental Noa García xogará ante o BBCA Penencia. A mesma hora que o cadete feminino tamén comeza o partido do cadete masculino no pavillón Bergantiños.

En baloncesto infantil na mañá do domingo poderemos presenciar dous encontros no pavillón Bergantiños. As 10:00 horas comeza o encontro infantil feminino entre EBX e Calasancias e a continuación as 12:00 empezará o encontro infantil masculino entre EBX e Los Rosales.

No municipal de Laracha teremos dous encontros da EBX de Laracha. O infantil feminino Laracha BX Ambigu xoga ante o Montrove o vernes a partir das 19:30 horas. O encontro do infantil masculino Laracha BX Esmorís contra o Montrove comeza o sábado as 10:00 horas

A cadro de horarios complétase cos encontros fóra da casa do infantil masculino Carballo Basket e os encontros alevíns e benxamín no pavillón AGRA II da Coruña

Moita sorte a todos!

CadroPartidos_Nov1112

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*