Loading...

RUBEN REY REGRESA Ó CALVO BASKET XIRIA NESTA NOVA TEMPADA EN LIGA EBA.

ESCOLA BASKET XIRIA
17 de agosto de 2022


A primeira fichaxe anunciada nesta tempada é a do ala-pivot Rubén Rey, que volve á plantilla do cadro carballés para disputar a súa 8ª tempada en Liga EBA, onde aportará a súa experiencia e calidade ao CALVO BASKET XIRIA.

 

Carballo, a 17 de agosto de 2022.

 

           Rubén Rey Artigas (A Coruña · 1993), tras o paso polo CB Chantada, o ala-pivot coruñés volve a xogar unha nova tempada en Carballo (terceira), onde volve a coincidir con ex compañeiros da súa etapa de formación e esperamos, como así avala a importante traxectoria en Liga EBA, unha gran aportación no xogo do CALVO BASKET XIRIA.

Xogador moi habilidoso (1,98 m.) que se desenvolve moi ben en posicións interiores e cunha importante traxectoria en Liga EBA (2.247 puntos en 4860 minutos e 810 rebotes –media: 29 min, 14 puntos e 5 rebotes–), que o fai ser un dos ala-pivots mas valorados nesta categoría nacional. O xogador comezou a practicar baloncesto con 11 anos, no colexio coruñés de Sagrada Familia, para logo ir ás categorías base de Basquet Coruña; a posterior xogou un ano no CB Narón, antes de fichalo o Basket Xiria na tempada 2019/20 e tras pasar unha tempada en Chantada, retorna a Carballo para volver a disputar unha tempada máis a Liga EBA e así poder desfrutar do seu xogo e saber facer na “pintura”.


Traxectoria Deportiva:

  • Xogador CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA). Escola Basket Xiria. Tempada actual 2022/23 – 3º ano no Club.
  • Xogador de Ucoga Chantada – Liga EBA – CB Chantada. Tempada 2021/22.
  • Xogador CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA). Basket Xiria. Temp. 19/20 e 20/21.
  • Xogador de Narón Baloncesto – Liga EBA - CB Narón. Tempada 2018/19.
  • Xogador de Leyma Basquet Coruña – Liga EBA e categorías base. Club Basquet Coruña SAD. Dende ano 2004 ata tempada 2017/18.

 

PRENSA Escola Basket Xiria.


0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
Xa volve o SUMMER CAMP 2025
Escola Basket Xiria.
hai un mes
6
#AXORNADA Basket Xiria & Circuito 3x3 Deputación. Horarios partidos 7 Xuño 2025
BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA, PREMINIBASKET XIRIA, BASKET XIRIA MIXTO. FEGABA, Noticias, Horarios, Xornada, Club, 3 x 3.
hai 11 días
🏀 RESULTADOS #BasketXiria 31 Maio e 1 Xuño 2025
BASKET XIRIA BRANCO, BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA. Noticias, Club, Resultados.
hai 12 días
ELIMINATORIA DIGNA DO MINIBASKET
Marcos Lopez.
hai 13 días