Loading...

Penúltimo partido en Carballo do Calvo Basket Xiria, ante Grupo Covadongo, para aloxarse do descenso.

ESCOLA BASKET XIRIA
23 de marzo de 2023


O Calvo Basket Xiria afronta o seu penúltimo partido en Carballo, a falta de 4 xornadas para o remate da Liga EBA, coa mirada en gañar tódolos partidos posibles e conseguir a permanencia nesta tempada 22/23. 



Carballo, a 23 de Marzo do 2023.

Na mesma liña que en semana anteriores, pensando en nos mesmos e intentar estar cun nivel de tensión e intensidade nos adestramentos, que non tivemos en semanas anteriores (Betanzos), para que non nos volva a pasar e non desaparecer nun momento determinado do partido..

  No partidos contra Circulo Gijón, salvando o segundo cuarto, estivemos con moitas gañas, con intensidade defensa/ataque, pero foron superiores a nos. Esta semana estamos nesa dinámica de adestramentos e que é moi importante nestes momentos.

  Esta semana estivemos traballamos facendo fincapé en manter todo o partido a máxima concentración, esforzo en defensa, ir ao rebote de ataque, estar atentos o balance -para evitar contraataques-, correr e recuperar a nosa forma de xogo dinámico, rápido e fluído. Fundamental para que o CALVO BASKET XIRIA saque de xeito positivo os partidos que faltan da tempada.

  O sábado xogamos costra REAL GRUPO CULTURA COVADONGA, que é colista e que tan só gañou un partido, pero nunca baixou os brazos e polo tanto intentarán sumar outra vitoria en Carballo. Héctor Méndez pensa que nesta liga sempre intentas que tódolos partidos, ata o final, sexan moi pelexados e cree que o equipo xixonés virá con gañas e intención de gañarnos na nosa casa. Nos intentaremos ser capaces de recuperar a “fame e ilusión” por gañar os partidos que nos restan, comezando por obter un bo resultado esta fin de semana, con todo o equipo dispoñible, a falta do adestramento deste venres.

  Dende o Club confíase e esperamos gañar o partido, para así darlle a nosa afección unha nova vitoria que nos leve camiño da ansiada permanencia, ao equipo non lle falta ilusión, gañas e calidade.

 

22ª Xornada – Liga EBA:      CALVO BASKET XIRIA vs GRUPO COVADONDA

  

PRENSA Escola Basket Xiria.


0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
Mais de 450 participantes virán a Carballo o 17 de maio para participar do Día do Pequebasket.
Noticias, Club, Día do PequeBasket.
Escola Basket Xiria.
hace 8 días
Derrota do Basket Xiria cadete feminino en Betanzos
hace 12 horas
Derrota do DIMOLK BASKET XIRIA nun axustado partido
hace 12 horas
SEGUNDA DERROTA DOS BENXAMINS
hace 2 días