Loading...

O ESCOLTA CORUÑÉS PABLO LÓPEZ-PIZARRO RENOVA POLO CALVO BASKET XIRIA UNHA NOVA TEMPADA

ESCOLA BASKET XIRIA
10 de agosto de 2022


Trala gran tempada realizada o ano pasado liderando ao conxunto carballés, Pablo López-Pizarro volve á Liga EBA co Calvo Basket Xiria, na súa 5ª tempada en competicións nacionais.



Carballo, a 10 de agosto de 2022.

 

           Pablo López-Pizarro de la Sota (A Coruña · 1997), será unhas das pezas importantes no organigrama do equipo que dirixe Héctor Méndez, para a vindeira tempada en Liga EBA. O coruñés, que xoga de escolta e tamén coma base, vai a disputar a súa cuarta tempada consecutiva en Carballo. O ano pasado, na 1ª Div. Autonómica, promediou 13 puntos en 25 minutos, nos 22 partidos xogados.

Pablo é xogador criado nas categorías de base do Basquet Coruña, cunha dilatada experiencia na Liga EBA, con 7 tempadas disputadas en categorías FEB, onde xogou 102 partidos con case 2.000 minutos disputados e case 600 puntos. Xogador versátil e cunha ampla visión de xogo, ademais ten unha boa entrada a canastra, onde tanto pode finalizar a xogada coma dobrar o balón para un tiro exterior.

 

Traxectoria Deportiva:

  • Xogador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA) | Escola Basket Xiria. Dende tempada 2019/20 á actual – 4 anos.
  • Xogador de Narón Baloncesto – Liga EBA | CB Narón. Tempada 2018/19.
  • Xogador de Leyma Basquet Coruña – Liga EBA e Categorías Base | Club Basquet Coruña SAD. Dende ano 2005 ata tempada 2017/18.

 

PRENSA Escola Basket Xiria.


0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
Xa volve o SUMMER CAMP 2025
Escola Basket Xiria.
hai un mes
6
#AXORNADA Basket Xiria & Circuito 3x3 Deputación. Horarios partidos 7 Xuño 2025
BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA, PREMINIBASKET XIRIA, BASKET XIRIA MIXTO. FEGABA, Noticias, Horarios, Xornada, Club, 3 x 3.
hai 11 días
🏀 RESULTADOS #BasketXiria 31 Maio e 1 Xuño 2025
BASKET XIRIA BRANCO, BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA. Noticias, Club, Resultados.
hai 12 días
ELIMINATORIA DIGNA DO MINIBASKET
Marcos Lopez.
hai 13 días