O Calvo Basket Xiria preparado para disputar o vindeiro partido fronte ó Traumacor Culleredo e continuar coa racha das últimas xornadas na Tercera FEB.
Con dúas vitoria seguidas en Carballo, pero desplegando un bo xoga e con boa dinámica nos adestramentos, o conxunto dirixido por Héctor Méndez, espera continuar coa mesma liña nesta fin de semana, na que xoga o sábado 1 (19:30h - Pavillón O Burgo), un importante partido en Culleredo contra o equipo local.
Carballo, a 30 de xaneiro 2025.
Esta fin de semana tócanos saída preto de Carballo, o CALVO BASKET XIRIA medirase este sábado día 1 de febreiro, ás 19:30h no Pavillón de O Burgo, ó TRAUMACOR CULLEREDO, que actualmente ocupa a 12ª posición, a un só partido dos carballeses. Este encontro entre dous equipos de vilas cercanas, será un novo derbi entre “rivais” que se coñecen ben entre si, que compiten os seus partidos con contundencia, rivalidade sana e deportivamente. Polo que o bo basquet, a emoción e disfrute da afección están asegurados.
Nestas 14 xornadas disputadas, o transcurrer de ámbolos dous equipos está sendo totalmente oposto, xa que o CULLEREDO comezou moi ben a tempada, con 4 importantes vitorias (unha delas en Carballo), pero logo encadeu 10 derrotas consecutivas, varias delas por pouca diferencia. No polo contrario o CALVO XIRIA de Héctor Méndez comezu gañando, pero tras o partido da 1º volta contra este mesmo rival, sufriu 4 derrotas consecutivas e unha época de xogou moi incerto. Recuperaron sensacións a finais do 2024 para sumar 3 vitorias en 5 encontros cun alto nivel de xogo, incluso con rivais que ocupan os primeiros postos da clasificación, polo que esperamos sigan nesta liña de xogo, disputen o partido e consigan a vitoria.
O TRAUMACOR CULLEREDO, conta na súas filas con xogadores de experiencia e incluso de ligas superiores, como é o ex ACB, Alberto Corbacho (31% en triplas), o pivote Alberto Díaz (2,10m) con 109 rebotes, que xogou en Leb Prata. Ademáis o arxentino Fabian Espinoza (178 puntos), na 2º tempada co CB Culleredo, sen esquecernos de Ferrando Vidal (171 puntos), xogador importante no perímetro e por suposto os irmáns Añón Dosil, que con Alvaro (71 asistencias) dirixindo o xogo, convertese nun dos mellores pasadores da liga. Recentemente reforzáronse cun exterior, o Xeorxiano Luka Bulashvili, que xa militara no equipo no 2018.
A falta do adestramento do ventes, o CALVO BASKET XIRIA terá a todo a plantilla para disputar este crucial encontro, que pode marcar un punto de inflexión e mellora moi importante na clasificacion. Lembrar que en Carballo perdouse o partido por 8 puntos (82-90), polo que é unha cuestión a ter en conta.
ESTADISTICAS e RESULTADOS: https://baloncestoenvivo.feb.es/partido/2413524
PRENSA Escola Basket Xiria.