Loading...

Ó CALVO BASKET XIRIA FICHA AO BASE CATALÁN PAU ISERN

ESCOLA BASKET XIRIA
19 de agosto de 2022


Está é a segunda fichaxe que se incorpora ó CALVO BASKET XIRIA, para disputar a vindeira tempada a Liga EBA. Pau é un combo guard (base /escolta) con bo dribbling, excelente manexo de balón e con dotes de “jugón”.

 

Carballo, a 19 de agosto de 2022.

 

           Pau Isern Maza (Barcelona · 11/2001), tras os seus inicios con 4 anos, dende que tiña uso de razón, comezou a xogar no CB Santfeliuenc e a medida que o tempo pasaba a súa evolución foi constante, aumento en etapa de formación e xogando dous campionatos de España en 2017 e 2018. Segundo melloraba a súa evolución coma xogador, o interese de varios clubs barceloneses fixo de cambiase de Clubs, ata dar o salto á Liga EBA a tempada pasada, da man do CB Roser.

Xogador que destaca no bo dribbling e gran manexo de balón (1,90 m.), que pode actuar coma escolta e base –combo guard–. No seu debut con 20 anos en Liga EBA, foi unha grata sorpresa sendo un dos mellores U22 de súa conferencia (segundo o diario dixital especializado Zona de Basket), con grande posibilidade de mellora e crecemento ó longo destes anos. Cunha media de 12,6 puntos e 4,0 rebotes en 28 minutos nos 21 partidos xogados (valoración media 13 ptos).


Traxectoria Deportiva:

  • Xogador CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA). Escola Basket Xiria. Tempada actual 2022/23.
  • Xogador de Plus Ultra Seguros – Liga EBA – CB Roser. Tempada 2021/22.
  • Xogador de CB Almeda – Junior e Sénior. Tempada 2017/18 a 2020/21.
  • ·Xogador de Club Basquet L'Hospitalet – Cadete. Tempada 2015/16 a 17/18.
  •  Xogador de CB Santfeliuenc – Categorías base. Dende 2005 ata Temp. 14/15.

 

PRENSA Escola Basket Xiria.


0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
Xa volve o SUMMER CAMP 2025
Escola Basket Xiria.
hai un mes
6
#AXORNADA Basket Xiria & Circuito 3x3 Deputación. Horarios partidos 7 Xuño 2025
BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA, PREMINIBASKET XIRIA, BASKET XIRIA MIXTO. FEGABA, Noticias, Horarios, Xornada, Club, 3 x 3.
hai 11 días
🏀 RESULTADOS #BasketXiria 31 Maio e 1 Xuño 2025
BASKET XIRIA BRANCO, BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA. Noticias, Club, Resultados.
hai 12 días
ELIMINATORIA DIGNA DO MINIBASKET
Marcos Lopez.
hai 13 días