O Xogador compostelán ven a cubrir un dos postos de escolta do equipo, na súa volta a xogar en Galicia e sumará a súa experiencia en Liga EBA (8 tempadas). Ademáis formará parte do equipo de adestradores da Escola Basket Xiria.
Carballo, a 15 de setembro de 2022.
Juán Rey Sánchez “Juanín” (Santiago de Compostela · 1996), escolta cunha boa visión de xogo, gran defensor e bo coñecedor da liga. A súa experiencia e xogo acompañarán oa CALVO BASKET XIRIA nesta tempada en Liga EBA para deleite dos siareiros carballeses.
Xogador con ampla experiencia, coma atesouran as súas oito tempadas na Liga EBA, en equipos Galegos, coma Baloncesto Narón ou CB Culleredo e nas ultimas tempada fora de Galicia (Castellón e Ciudad Real).
Juanín tamén formará parte do corpo técnico de adestradores, comandado por Arturo Ferraces, e adestrará os conxuntos de base do Club, nas categorías Infantil e Cadete masculino.
- Traxectoria Deportiva:
Xogador CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA). Escola Basket Xiria. Tempada actual 2022/23 – 1º ano no Club.
Xogador de Inalco Alcora Caixa Rural – Liga EBA. Tempadas 2020/21.
Xogador de Autocares Rodríguez Daimiel - Liga EBA. Tempada 2019/20.
Xogador de CB Culleredo – Liga EBA. Tempadas 2017/18 e 2018/19.
Costa Ártabra - 1ªAutonómica . Tempada 2016/17
Xogador de Narón Baloncesto – Liga EBA. Dende temp. 2012/13 a 2015/16
PRENSA Escola Basket Xiria.








