Desde o noso Club queremos informarvos que nos unimos áiniciativa "Canastras Contra o Cancro Infantil", unha acción solidaria da Fundación Unoentrecienmil.
Con motivo do Día Mundial do Cancro infantil (15 de febreiro) sumámonos a “Canastras Contra o Cancro Infantil”* para recadar fondos para acelerar a cura dos nenos enfermos.
Do mesmo xeito que a tempada pasada, nos adestramentos da próxima semana, dende LUNS 10 ao VENRES 14, nas sesións do Parga Pondal teremos unha hucha na que os xogadores poidan doar as súas colaboracións económicas . Tamén o SÁBADO día 8, no partido de TERCEIRA FEB (EBA), ás 20:00 horas, tamen habera unha UCHA para colaborar.
Desde a Xunta Directiva animamos a participar con calquera cantidade, xa que grazas a estes proxectos colaboraremos para que a investigación permita acelerar a curación. Trátase dunha iniciativa solidaria do mundo do basket, promovida pola Fundación Unoentrecienmil, na que a ESCOLA BASKET XIRIA colabora para axudar a que todos os nenos con cancro volvan canto antes á súa vida normal, a través da práctica continuada de exercicio físico como parte da súa terapia.
Isto que significa?
Que os partidos que se xoguen durante a xornada anteriores ó 15 de febreiro serán moi especiais. Con motivo do Día Mundial do Cancro Infantil, imos converter os puntos do equipo en doazóns para acelerar a curación desta enfermidade. Os fondos recadados destinaranse a garantir a sustentabilidade destes proxectos de investigación
Que vos propoñemos?
Apoiar estes proxectos doando por exemplo 1€ por cada punto anotado durante o partido dos vosos fillos esa fin de semana (ex. 50 pts. desde 50€ entre todo o equipo).
Dend e o Club disporemos de HUCHAS para as doazóns (sempre voluntarias) nos adestramentos, dede LUNS 10 ao VENRES 14 e no partido de TECERIA FEB do SABADO día 8.
Isto mesmo farano todos os equipos do club e miles de equipos de toda España, que xa se sumaron a esta iniciativa solidaria.
+INFORMACIÓN:
💪 Gañemos o partido ao Cancro Infantil!
Moitas grazas.