Loading...

ASIER COMENDEIRO RENOVA POLO CALVO BASKET XIRIA PARA DSIPUTAR UNHA NOVA TEMPADA A LIGA EBA

ESCOLA BASKET XIRIA
12 de agosto de 2022


Vai ser a 4º tempada do ala-pivot coruñés en terras carballesas, na que o CALVO BASKET XIRIA recupera a categoría nacional e onde Asier volverá a demostrar a súa valía e polivalencia coma xogador exterior e interior.

 

Carballo, a 12 de agosto de 2022.


           Asier Comendeiro Rodríguez (A Coruña · 1996), tras a gran tempada realizada en 1ª Autonómica, sendo o xogador do equipo con mellores porcentaxes e valoración global, o xogador criado en categorías base do Liceo la Paz, volverá ser unha peza importante no organigrama do CALVO BASKET XIRIA, para a vindeira tempada 2022/23.

Xogador polivalente que pode xogar de interior, dada a súa soltura baixo taboleiros, pero que tamén o fai coma exterior, adaptándose a que foi a súa posición natural e polo tanto converterse nun xogador difícil de defender. A pasada tempada na 1ª Div. Autonómica, promediou 15 puntos en 23 minutos, nos 23 partidos xogados, quedando en 3º posto do TOP 20 da Liga. En Liga EBA, esta será a súa 6 tempada, dende que que debutara co Basquet Coruña sendo sénior de primeiro ano. Leva disputados case 1700 min., con 474 puntos, e 295 rebotes.

Traxectoria Deportiva:

  • Xogador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA). Escola Basket Xiria. Dende tempada 2019/20 á actual – 4 anos.
  • Xogador de Narón Baloncesto – Liga EBA - CB Narón. Tempada 2018/19.
  • Xogador de Leyma Basquet Coruña – Liga EBA e Sénior. Club Basquet Coruña SAD. Dende ano 2014/15 ata tempada 2017/18.
  •  Xogador do Colexio Liceo la Paz – Categorías Base. Ata tempada 2016/17.

 

PRENSA Escola Basket Xiria.


0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
SEGUE A RACHA NA COPA
Marcos Lopez.
hai 13 horas
Derrota do Cadete feminino no partido de Copa ante Esclavas
hai 2 días
3
⏰ #AXORNADA Basket Xiria | Horarios partidos de 16, 18 e 19 de MAIO 2025
BASKET XIRIA FEM, BASKET XIRIA 2010, RS MOTOR BASKET XIRIA, BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA, BASKET XIRIA MIXTO, BASKET XIRIA BRANCO, PREMINIBASKET XIRIA. Horarios, Noticias, Xornada, Club.
hai 3 días
Presentación Oficial do 11 DIA do PEQUEBASKET
Noticias, Club, Día do PequeBasket.
Escola Basket Xiria.
hai 4 días