Loading...

A ESCOLA BASKET XIRIA RENOVA A HÉCTOR MÉNDEZ E CONFIA DE NOVO NO PREPARADOR NA 3ªFEB.

ESCOLA BASKET XIRIA
13 de agosto de 2024

A ESCOLA BASKET XIRIA RENOVA A HÉCTOR MÉNDEZ E CONFIA DE NOVO NO PREPARADOR PARA AFRONTAR UNHA NOVA TEMPADA NA 3ªFEB 24/25.

 

Héctor Méndez Vidal (A Coruña 1984), adestrará por terceiro ano consecutivo ao Calvo Basket Xiria na Terceira FEB (antes Liga EBA). Esta será para o preparador coruñés, a súa sexta tempada consecutiva adestrando en Carballo, dende que chegara ao Club en 2019, procedente do Basquet Coruña.

 

Carballo, a 13 de Agosto 2024.

               

Unha vez máis a Escola Basket Xiria e a dirección deportiva do Club, tiñan claro, que polo traballo e méritos propios, mellorando as clasificacións de anos anteriores, a renovación de Héctor Méndez tiña que levarse a cabo, por interese común de ámbalas partes, pero sobre todo para seguir a progresión de xogo e mellora do Calvo Basket Xiria.  Tras finalizar a pasada tempada e logo dun tempo prudencial, ás conversas sobre a confección do equipo foron chegando a un punto común, polo que un ano máis a visión conxunta do Club e o preparador coruñés, xuntaron os seus camiños e isto propiciou unha nova renovación, e a sorte de en Carballo cun adestrador do nivel de Héctor Méndez, polo coñecemento, traballo e compromiso amosado.

Cunha contrastada experiencia en categorías de formación ao longo destes anos, é adestrador superior dente 2017, ademais do gran traballo destes anos con diferentes equipos de base, é notorio a súa vocación de formación, xa que foi dos adestradores habituais nas seleccións galegas e do organigrama da Federación Galega de Baloncesto nos anos 2009/10 e dende a tempada 2017/2022 coa Selección Cadete Masculino.

Con esta renovación o CALVO BASKET XIRIA da o pistoletazo de saída para configurar o equipo que a vindeira tempada representará a Carballo na renomeada Terceira FEB (antes Liga EBA). Acompañarán a Héctor Méndez case o mesmo staff técnico que as tempadas pasadas: Víctor Fernández como adestrador axudante e Marcos López, coma preparador físico. O adestrador axudante carballés Javier López, pasará este ano a asumir outros retos importantes, como adestrador principal nos equipos de base do Club e demostrar o seu coñecemento adquirido


Traxectoria Deportiva:


·        Adestrador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA/3ªFEB).

Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2021/22 á actual – 4º ano.

·        Adestrador Axudante CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA).

Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2019/20 e 20/21 – 2 anos.

·        Adestrador BASQUET CORUÑA (Liga EBA).

Club Basquet Coruña. Dende Tempada 2005/06 ata 2018/19 – 13 anos.

 


PRENSA Escola Basket Xiria.

0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
Xa volve o SUMMER CAMP 2025
Escola Basket Xiria.
hai un mes
6
#AXORNADA Basket Xiria & Circuito 3x3 Deputación. Horarios partidos 7 Xuño 2025
BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA, PREMINIBASKET XIRIA, BASKET XIRIA MIXTO. FEGABA, Noticias, Horarios, Xornada, Club, 3 x 3.
hai 12 días
🏀 RESULTADOS #BasketXiria 31 Maio e 1 Xuño 2025
BASKET XIRIA BRANCO, BASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA. Noticias, Club, Resultados.
hai 12 días
ELIMINATORIA DIGNA DO MINIBASKET
Marcos Lopez.
hai 14 días