CRÓNICA XESTORÍA QUEIJO XIRIA 🆚 ESCLAVAS
- MARCADOR
XESTORÍA QUEIJO XIRIA 52 🆚 31 ESCLAVAS
- PARCIAIS :
XESTORIA QUEIJO XIRIA: 12 – 11 – 18 – 11
ESCLAVAS: 10 – 4 - 8 - 9
- ANOTADORAS:
Nerea (4), Iria (2), Noelia (0), Elena (9), Noemí (13), Uxía (0), Inés (3), Claudia (4), María (8), Alba (8) .
- ANALISIS DO PARTIDO:
Segunda xornada da Copa , e segunda vitoria do Xestoría Queijo .
Primeiros minutos do partido e o Xestoría Queijo comezaba con máis intensidade que o partido anterior pero os dous equipos anotaban con facilidade e o marcador estaba axustado o remate do primeiro cuarto 12-10 .
No segundo cuarto o Xestoría Queijo seguía moi intenso , sobre todo na defensa colectiva , o que facía que o segundo cuarto fora case perfecto e collera unha boa distancia ca chegada do descanso 23-14 .
A saída do descanso ,foi o mellor cuarto do Xestoría Queijo , e con un parcial de 10 a 0 rompía o marcador e case cerraba o partido para afrontar os últimos 10 minutos 41-22.
O último cuarto sería moi axustado pero o Xestoría Queijo non daría ningunha opción a Esclavas de meterse no partido , conseguindo así a segunda vitoria consecutiva 52-31 .