CRÓNICA DIMOLK BASKET XIRIA VS CLUB BALONCESTO DO LEA
- MARCADOR:
44 DIMOLK BASKET XIRIA 🆚 48 CLUB BALONCESTO DO LEA
- PARCIAIS:
DIMOLK BASKET XIRIA : 14 – 12 – 7 – 11
CLUB BALONCESTO DO LEA : 8 – 13 – 12 -15
- ANOTADORAS :
Clara (9, 2 triplas ), Íria Sánchez (5 , 1 tripla), Carmen (8), Lola (0), Gabriela (0), Liste (0), Emma (4), Milagros (0), Lucía (-), Alba (4), Cayetana (2), Andrea (-) , Elena (8) , María (2)
- ANALISIS DO PARTIDO:
Cuarta xornada para o Dimolk Basket Xiria , correspondente o partido aprazado da segunda xornada , e nova derrota para as nosas , a destacar o debut na categoría das junior Elena e María , que aportaron moito o equipo.
O primeiro cuarto sería moi axustado , no que os dous equipos non conseguían anotar facilmente , no que as nosas conseguían anotar tras contraataque e facía que as nosas gañaran o primeiro cuarto 14-8.
No segundo cuarto sería idéntico o primeiro cos dous equipos anotando en contraataque , pero as nosas seguían facendo as cousas mellor en defensa con moitos roubos de balón o que facía que as nosas colleran unha boa marxe o chegar o descanso 26-21.
Tras o descanso viría o baixón do noso equipo que aguantaba ben os primeiros minutos pero os erros dende a linea de tres puntos e os erros tontos no balance defensivo e na saída do balón , facía que as visitantes remontasen a diferencia ca que contaban as nosas se fora o traste e deixaba un último cuarto moi apertado 31-33.
O último cuarto cas locais vindo de meterse de novo no encontro , e ca moral polas nubes , facía que se puxeran por diante no marcador por primeira vez no encontro , o partido estaba no peor momento pas nosas , e os erros dende o triple facía que as locais seguiran mandando no marcador ata o pitido final , e conseguiran así unha nova vitoria esta vez pola mínima 44-48.