#25N Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

Na ESCOLA BASKET XIRIA somos máis que deporte… Somos formadores e educadores en valores dos nos@s cativ@s e xóvenes xogador@s de BASKET.

Queremos contribuir a que no futuro sexan cidadáns, responsables, solidari@s comprometid@s e sensibilizad@s. 

Por iso hoxe e tódolos días do nao, dicimos NON á violencia de xénero.

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas, desde a Escola Basket Xiria manifestamos un ano máis o noso rexeitamento a calquera forma de violencia contra a muller, así como calquera outra forma de violencia, e desexamos que esta lacra social se erradique dunha vez por todas. Simbolizaremos a nosa sensibilidade cara esta problemática amosando os días vindeiros o noso escudo en negro.

Do mesmo xeito apoiamos á Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo nas iniciativas propostas para este ano, así como as promovidas pola Deputación da Coruña “De fronte á violencia de xénero” e a Xunta de Galicia “NON á violencia de xénero”.

Asemade, o sábado 21 de novembro durante o partido de liga EBA do Calvo Basket Xiria contra Santo Domingo de Betanzos no Pavillón Vila de Noia, fixemos un breve acto para lembrar esta data do 25N como mostra de sensibilización e repulsa contra este tipo de violencia. Todos e todas os que formamos a Escola Basket Xiria dicimos un forte NON! á violencia de xénero #25N

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*