
Roi segue dando pasos na súa dedicación o baloncesto tras conseguir o título de entrenador superior. Onte mesmo recibimos a notificación tras ter superadas todas as evaluacións realizadas na fase non presencial e presencial do Curso de Entrenadores Superiores (CES) no presente ano 2017. O título de entrenador superior é o de máis rango e require a superación dun curso cunha carga lectiva de máis de 750 horas no que se inclúen catro grandes bloques: Formación de xogador de alto rendemento, entrenamentos de alto rendemento, táctica de ataque e defensa e dirección de equipos.
Ninguén dubidaba de que un director de xogo coma el reunía todas as cualidades para ser no futuro un gran adestrador de baloncesto. Compre destacar ademáis que Roi foi quen de obter o título de entrenador superior a vez que continúa en activo coma xogador. Actualmente Roi esté coordinando e entrenando varios equipos de base nas escolas Laracha Basket Xiria.
Noraboa Roi!
Deixa unha resposta