Novas incorporacións na directiva da Escola Basket Xiria para o curso 2017-2018

Coa ampliación do número de xogadores tamén se incrementan as actividades da xunta directiva. Por iso para a vindeira campaña 2017-2018 contarase coa colaboración de tres novos membros para prestar axuda en diferentes funcións do organigrama do clube.

trio

Os novos membros da xunta directiva son Manuel Cantelar, Santiago Novo e Antonio Eirís. Con perfiles profesionais diferentes as súas espaldas comparten a afección polo deporte da canasta e sen dúbida consideramos que serán de gran axuda para a difusión da práctica do baloncesto e de valores deportivos en xeral.

Manuel Cantelar acaba de retirarse como xogador de baloncesto en cadeira de rodas tras una longa carreira por diversos clubes en categoría nacional. É ademáis presidente da Agrupación Deportiva Un Paso Máis desde o ano 2014 e sen dúbida contribuirá a difundir a práctica do deporte para a mellora do benestar.

Santiago Novo ten unha traxectoria de más de 20 anos desempeñando tarefas administrativas tanto na empresa privada como dependentes da administración pública. Santiago axudará nas tarefas de contabilidade e xestión do clube e móstrase ilusionado por poder contribuir o funcionamento do clube Basket Xiria.

Antonio Eirís foi xogador de categorías inferiores desde categoría benxamín ata xuvenil. Foi un bo referente de compatibilización do seu deporte favorito cos estudios e vai desempeñar tarefas vinculadas a comunicación.

 Benvidos á nosa gran familia!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*