
Na tarde do Venres 21 de Setembro, firmábase un novo acordo de colaboración entre o Concello de Ponteceso e a Escola Basket Xiria de Carballo, polo que o persoal do Club Carballés estará outro ano máis ó cargo da formación e divulgación do Baloncesto nas Escolas Municipais.
Unha vez coñecidos os novos horarios dos centros educativos e os horarios das actividades deportivas municipais, puxéronse as bases para o desenrolo dun novo curso baloncestístico, nunha reunión entre o Concelleiro de Deportes Marco A. Varela, a técnica de deportes no Concello de Ponteceso Remedios Varela e o director deportivo da Escola Basket Xiria Arturo Ferraces.
Será o quinto ano de colaboración entre as entidades, fruto do cal se logrou que o ano pasado se formaran tres equipos e competiran en ligas federadas:
- Categoría BabyBasket
- Categoría Benxamín
- Categoría Alevín
Deixa unha resposta