I Torneo Presentación da Escola Municipal de Baloncesto de Ponteceso

Equipos benxamíns, alevíns e infantís participan no torneo de presentación da Escola Municipal de Baloncesto de Ponteceso

No seu primeiro ano de actividade, a escola promovida polo Concello coa colaboración da Escola Basket Xiria conta xa con 52 nenos/as inscritos/as

A Escola Municipal de Baloncesto de Ponteceso acaba de botar a andar e xa reborda actividade. A campaña de captación realizada pola Concellería de Deportes co apoio técnico da Escola Basket Xiria resultou todo un éxito, de xeito que xa hai 52 nenos e nenas que practicarán baloncesto este curso. O vindeiro 2 de novembro será a oportunidade de velos en acción por primeira vez, coincidindo co torneo de presentación da Escola Municipal, que exercerá de anfitrioa nun cuadrangular no que tamén participarán a Escola Basket Xiria de Carballo, a Escola Municipal de Baloncesto de A Laracha (Embal) e o Dominicos de A Coruña. Equipos benxamíns, alevíns e infantís competirán no pavillón municipal dende as 10.30 ata as 17.45, hora na que se celebrará o acto de clausura.

Coa incorporación da Escola Municipal de Ponteceso o baloncesto segue a medrar na comarca de Bergantiños. O obxectivo a medio prazo é poder formar equipos para que os nenos e nenas poidan competir e que o proxecto se consolide, ademais de fomentar hábitos de vida saudables e a igualdade de xénero a través da práctica deportiva.

 

Adxuntamos o cartel do torneo do vindeiro 2 de novembro

CARTEL 1 TORNEO

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*