
Hoxe sábado celebrouse a séptima edición do memorial Jose Antonio Vega. O memorial estivo organizado polo Concello de A Laracha, a Escola Basket Xiria de A Laracha, a Escola Basket Xiria e o Club Baloncesto Artai
O pavillón municipal da Laracha estivo repleto de nen@s entre 4 e 7 anos divertíndose practicando o baloncesto. O parquet do pavillón dividiuse en dúas zonas laterais donde se disputaban partidos de babybasket e unha zona central con hinchables e xogos onde os rapaces se divertían e descansaban entre partidos. O ambiente no pavillón estivo marcado pola alegría dos rapaces xogando na pista e os orgullosos pais e nais animando desde as gradas.
A xornada comezou as 11 da mañá e finalizou as 18:30 da tarde. Disputaronse dez encontros antes do descanso para a comida e outros dez pola tarde. Os equipos participantes foron a Escola Basket Xiria, Club Baloncesto Artai, Club Baloncesto Culleredo, Escolas de Baloncesto de A Laracha, Escolas de Baloncesto de Ponteceso e o Salgado Montrove de Oleiros.
Previo o descanso para xantar celebrouse a entrega de medallas para todos os deportistas participantes. As medallas foron entregadas polo Alcalde de Laracha José Manuel López, o Teniente de Alcalde de Laracha José Ramón Barbeito, a Directora da Escola Artai Macarena Mato, o Presidente da Escola Basket Xiria Marcos Díaz Molk, o Presidente do CB Laracha Miguel Barbeito e familiares do homenaxeado como a súa muller María José Torreira, o seu fillo Roi Vega Torreira e a nora Paula Lamas. Finalizada a entrega de medallas o presidente da Escola Basket Xiria fixo entegra dun agasallo a María José Torreira. O acto finalizou cunha foto de conxunto de todos os participantes.
Galería de imaxes: (Agradecementos a CB Artai)
Deixa unha resposta