Guerra de estilos entre o Calvo Basket Xiria e o BBCA este Sábado en Carballo

Esta fin de semana o Calvo Basket Xiria xoga contra o BBCA de Ferrol Castelo de San Felipe, que a priori é un equipo clásico na competición que mistura xogadores xóvenes con outros moito máis veteranos, destacando algún xogador que competiu en ligas superiores como Ismael Fernández.

O BBCA ven de gañar os dous últimos encontros, ó igual que o Calvo Xiria, gañando na difícil pista de Pontedeume por 9 puntos e venciu tamén a Instituto Rosalía por 10 puntos, en ambos casos deixando ó equipo rival con tanteo moi baixo. Polo tanto espérase un partido moi complicado e de seguro será unha guerra de estilos.

Se o partido xoga a 5×5 en un ritmo lento, beneficiará ó equipo de Ferrol, sen embargo se o equipo Carballés logra imprime bo ritmo, defender agresivo a toda pista e transicións rápidas, o xogo favorecerá ó Calvo Basket Xiria.

Pola parte de Xiria segue de baixa Alberto Rodríguez e o xogador vinculado Andrés Lodeiro. Entra na convocatoria Mateo Goday e quizá algún outro xogador vinculado.

Esperamos que veña moita xente a animar ó equipo, se de unha boa imaxe como contra Viveiro, e que o equipo millore xornada a xornada como o que temos visto ata o momento.

A Clasificación é a seguinte:

xornada3-masculino-ebx

Mostramos algunha foto do Calvo Basket Xiria

pablo-moreira-5 pablo-moreira-3

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*