O Basket Xiria comeza a segunda fase en sexta posición

Finalizada a primeira fase do campeonato, chega a decisiva polo ascenso de categoría a Liga EBA, cos catro millores equipos no primeiro corte (Norte e Sur)

Polo grupo norte estarán Culleredo, Cambre, Sarria e Xiria; mentras que polo sur Vgo Basket, Porriño BB, Syngenta Seis do Nadal e Boscos Salesianos.

Nesta parte decisiva do campeonato, os equipos inician a competición cos puntos obtidos nos enfrontamentos directos, polo que o líder é o Vgo Basket, seguido de Culleredo, Boscos Salesianos, Cambra, Sarria, Xiria, Syngenta Seis do Nadal e Porriño BB.

clasificacion-segunda-fase-inicio

O equipo clasificado nesta fase en primeiro posto obterá o ascenso directo a liga EBA e será o considerado o campión galego da categoría.

Os equipos clasificados nos postos 2º ó 5º disputarán unha final a 4 nun só día (8 de MAIO) no formato seguinte:

Pola mañá:

2º posto vs 5º posto (X)

3º posto vs 4º posto (Y)

Pola tarde:

Gañador X vs Gañador Y.

O Gañador de esta fase conseguirá tamén o ascenso a liga EBA

jpg

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*