VICTORIA DO CALVO BASKET XIRIA E CLASIFICACION CONSEGUIDA PARA A FASE LIGA EBA

Carballo, 02/02/2019

Unha nova vitoria por 74 – 63, ante un difícil rival, o CB Cambre leva ao Calvo Basket Xiria a conseguir (a falta de una xornada) a clasificación para una nova Fase de Ascendo á LIGA EBA.

O Calvo Basket Xiria sabía o que se xogaba nesta fin de semana, metido na pelexa de acadar a clasificación para xogar unha nova fase de ascenso á Liga EBA, saíu concentrado ao máximo desde o primeiro segundo. Os inicio non foi facer, que o CB Cambre impuxo o seu saber face no primeiro cuarto (14-15) e non deixou tiros aos nosos anotadores exteriores. .. pero todo cambiaría no 2ºQ para os xogadores de Fer Buendía, conscientes da importancia do partido e cimentados nunha forte defensa, saídas en contataque e remate en tiro, deron a volta os marcador, chegando os descanso cunha pequena vantaxe de 39-30.

Xa iniciado o 3ºQ (61-48), o bo traballo feito ata o momento e a continuación do mesmo, deulles una maior confianza e acadouse unha maior vantaxe no marcador, con 3 triplas (9 no total do encontro)  tiros cómodos de 2 puntos. Xa no derradeiro cuarto a CB Cambre incrementou a intensidade e dureza límite (e verbal) no xogo , pero a intelixencia e lectura de xogo do Calvo Basket Xiria foi superior e mantivo unha cómoda vantaxe, para chega os fina do encontro co marcador en 74-63.

calvo basket_02.02.19

A falta da vindeira xornada (CB Eume 09.02.19), o CALVO BASKET XIRIA, da man de Fernando Buendía, acadou a clasificación matemática, para volver a xogar unha nova fase de ascenso á Liga EBA, na que se enfrontarán os catro mellores equipos dos Grupos Norte e Sur da 1ª División Autonómica Galega. 

CLASIFICACION FEGABA do CALVO BASKET XIRIA

FELICITAR AO EQUIPO por estes meses de duro traballo!!!

IMG_6493 IMG_6497 IMG_6496 IMG_6495 IMG_6503 IMG_6504

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*