UNIVERSITARIO OURENSE 69 – CALVO BASKET XIRIA 49

Partido disputado el Sábado 23 a las 18:00 h en Campus Universitario de Ourense.

Despois dunha semana complicada de adestramentos, non se puido ver en Ourense a un bo Basket Xiria no partido.

No ataque non se apoveitaron ben as vantaxes dos interiores, xa que estes non estiveron o suficientemente duros gañando a posición e sufriron na defensa co seu xogo de cinco abertos e atacando 1×1 de cara.
1.SENIOR Masculino CALVO Basket Xiria
 
Pola sua banda, os exteriores non estiveron moi colectivos na toma de decisións, polo que o xogo de ataque se resentiu.
Con isto, viuse un mal Xiria durante os primeiros 25 minutos de xogo. Cando quixemos entrar no partido a base de xogo colectivo e defensa, xa foi tarde e pequenos erros atrás foron castigados con triplas por parte do rival, os cales estiveron moi acertados dende a liña de 6,75 (12 triplas anotaron no partido, por só 3 dos de Carballo)
 
Parciais: 15-11/35-21/53-35/69-49
 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*