O CALVO BASKET XIRIA inscríbese para participar en LIGA EBA

O equipo carballés Calvo Basket Xiria, presentou esta semana ante a F.E. B., os documentos necesarios para a inscrición en Liga EBA para a próxima tempada 2019/20.

Co obxectivo de relanzar o baloncesto na comarca de Bergantiños, e tras a disputa de 4 Fases de Ascenso a Liga EBA continuadas, a directiva de Escola Basket Xiria presentou toda a documentación pertinente para estar a próxima tempada en Liga EBA.

Cúmprense 13 anos desde o histórico Ascenso a Liga EBA en Larrahona (Navarra) e tamén coincide co 35 aniversario do Club, polo que se dan todos os factores para dar o salto de categoría, dado o gran momento que vive o baloncesto en Carballo e comarca de Bergantiños.

Esta oportunidade de estar en Liga EBA (Liga Española de Baloncesto Afeccionado), coincide ademais co ascenso de categoría do Calvo Artai a Segunda División Autonómica, Club co que Escola Basket Xiria mantén unha relación de vinculación.

Calvo basket Xiria – Tempada 2018/2019

Tras presentar toda a documentación pertinente, o Calvo Basket Xiria saberá se compite definitivamente en Liga EBA o próximo 10 de Julio de 2019, data na que se ratificarán a participación de todos os equipos participantes nas distintas competicións da Federación Española de Baloncesto (FEB). Da mesma maneira, ese día darase toda a información relativa á competición en canto a calendarios, equipos participantes das distintas conferencias, etc.

Desde a Directiva do Club, a través de diversas xestións realizadas no pasado mes de Xuño, pechouse compromisos con patrocinadores para abordar preto do 60% do orzamento necesario, en caso de participación na Liga EBA. Durante estas semanas e unha vez ratifíquese por parte da F.E. B. a incorporación do Calvo Basket Xiria a participar na Liga Española de Baloncesto Afeccionado, continuarase co traballo de recadación e peche do orzamento restante para dar estabilidade ao proxecto.

O presidente de Escola Basket Xiria Marcos Díaz Molk, espera que “o Calvo Basket Xiria sexa un referente para toda a canteira de nenos e nenas de Carballo e da comarca de Bergantiños en xeral, xa que está claro que o Baloncesto volve revivir as súas épocas de esplendor en Xiria” .

A XUNTA DIRECTIVA

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*