VICTORIA AXUSTADA DO CALVO BASKET XIRIA ANTE PAVIMENTOS NOIA

O Calvo Basket Xiria conseguiu unha victoria moi traballada ante o Pavimentos Noia na cuarta xornada da liga de primeira división autonómica.

O encontro foi moi igualado durante os tres primeiros cuartos no que as vantaxes no marcador a favor dun e doutro equipo foron moi curtas. O inicio do último cuarto o equipo local saiu moi mentalizado para levarse o encontro e abriu distancia no marcador cun resultado de 54 a 43 a falta de sete minutos que parecía sentenciar o encontro. O Calvo Basket Xiria non se descompuxo e demostrou un bó carácter competitivo que lle permitiu remontar  e terminar impoñéndose no encontro cun marcador final de 60 a 62. Desta maneira o Calvo Basket Xiria mantén a imbatibilidade na competición e conta os catro partidos disputados con victorias que lle permiten manterse no alto da clasificación.

A vindeira xornada en Carballo o Calvo Basket Xiria recibirá a visita do outro equipo que marcha invicto na competición o Obradoiro Silleda. 

Ficha do encontro:

Ficha

Clasificación 

Clasificacion

Video da última acción do encontro:

 

Fotos do encontro (Agradecementos a Armando Collazo)

Sen Mas Pavimentos Noia Calvo BX Nov 18 (2)

Sen Mas Pavimentos Noia Calvo BX Nov 18 (6)

    Sen Mas Pavimentos Noia Calvo BX Nov 18 (5)  Sen Mas Pavimentos Noia Calvo BX Nov 18 (7)

 

Sen Mas Pavimentos Noia Calvo BX Nov 18 (4)

Sen Mas Pavimentos Noia Calvo BX Nov 18 (3)

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*