PREVIA DO CALVO BASKET XIRIA- CARBERLO C.B. VIVEIRO

O Calvo Basket Xiria disputa hoxe sábado 20 de Outubro as 20:00 horas no pavillón Vila de Noia o segundo partido da competición. O equipo carballés recibe a visita do Carferlo C.B. Viveiro, un equipo que acadou o ascenso a temporada pasada pero que conta cun gran histórico de temporadas en 1ª división autonómica. O partido suporá a estrea oficial do Calvo Basket Xiria como equipo local e outro dos grandes atractivos do encontro estará no duelo táctico entre dous grandes adestradores como Fernando Buendía e Armando Otero.

Agárdase un encontro moi igualado entre dous equipos con ritmos de xogo natural ben diferenciados. Os viveirenses son un equipo con xogadores experimentados que se desenvolve ben no xogo  de cinco contra cinco. Por contra o xoven plantel carballés é moi intenso e trataré de xogar a un ritmo elevado con frecuentes rotacións de xogadores. O equipo que sexa capaz de impoñer o seu ritmo terá moitas opcións de facerse coa victoria. 
 
Os xogadores locais atópanse con moitas ganar de  agradar a súa xente e facer un bó xogo que os conecte co público, e xuntos facer do pavillón do Vila de Noia un fortín. 
 
Para este encontro será baixa Alberto Rodríguez e entran na convocatorio dous xogadores do equipo vinculado: Mateo Goday e Diego Fernández. 
 

HOMENAXE A EX-XOGADORES DA ESCOLA BASKET XIRIA

Durante o descanso do encontro renderáselle unha homenaxe a ROI VEGA TORREIRA, capitán nas últimas tempadas do CALVO BASKET XIRIA.

Despois de case 30 anos na ESCOLA BASKET XIRIA e logo de deixar a práctica deportiva do Baloncesto coma xogador, dende tódolos estamentos do CLUB, queremos darlle as GRAZAS a Roi, polo seu esforzo, traballo, adicación, compañeirismo e bo facer no BALONCESTO de Carballo e Comarca co que gozamos nestes anos!!!

Tamén queremos agradecerlles a estes outros xogadores, que por distintos motivos deixaron o CALVO BASKET XIRIA, ao final desta tempada pasada… RUBÉN CRISTÓBAL BRANDÓN, FRAN CRISTOBAL BRANDÓN, LUIS GOMEZ PRECEDO, JOSÉ RAMÓN ESMORÍS e JAVIER GARCIA-ARGÜELLES REY, polo seu esforzo, traballo e adicación nestes anos que pertenceron á disciplina da ESCOLA BASKET XIRIA.

 
BAAAAASKET XIRIA!!!
 
Sen Mas Xiria Est Lugo Oct 2018 (27)

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*