O CALVO BASKET XIRIA INICIA A TEMPORADA COMO VISITANTE

O Calvo Basket Xiria xogará mañá domingo as 19:00 horas o primeiro encontro oficial da temporada 2018-2019. O equipo de Fernando Buendía desplazarase a Santiago de Compostela para medirse o Instituto Rosalía de Castro en partido correspondente a primeira xornada la liga de 1ª división autonómica.

A pesar de levar poucas semanas de preparación o plantel da mostras dun bó acoplamento. As recentes incorporacións e os xogadores con máis recorrido no clube están remando na mesma dirección para facer un equipo moi competitivo na categoría. A semana pasada no partido de presentación ante un equipo de categoría superior o renovado plantel do Calvo Basket Xiria mostrou en diversas fases do encontro boas maneiras dun equipo con gran proxección. Manter o nivel de concentración durante todo o encontro será unha das claves para poder facerse coa primeiro triunfo da temporada. O adestrador afronta o primeiro encontro da liga con todos os integrantes do plantel disponibles.

ROSTER CALVO BASKET 18.19

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*