Senior Zonal: Derrota do Dimolk ante o lider da categoría, ainda así mantense na 3ª praza.

Non puido o DIMOLK BASKET XIRIA ARTAI facerlle frente á capacidade anotadora exterior do MoneyBall Coruña e aceron derrotados por 66 a 80.

Primeira parte que dominaría Moneyball  de principio a fin , atacando sempre como quería e sempre encontrando a mellor opción sen encontrar oposición de ningún tipo polos locais , onde a defensa era totalmente inexistente e solo un Luís moi inspirado (16 puntos) mantiña a esperanza de reacción para o Dimolk Xiria que chegaba o descanso perdendo por 26-49.

Tras o descanso os locais impoñerían unha defensa zoal para frear o vendaval ofensivo dos visitantes conseguindo o obxectivo , e con un Luís  que seguía sendo a referencia en ataque esta vez axudado por o Júnior Samuel , Iván Cancela e Xabi ,facía que a diferencia se reducira hasta os 8 puntos   . A alegría duraría pouco xa que unha tripla de Iago  e outra de Dresma volvían a dar unha diferencia cómoda para Moneyball co que conseguiría cerrar o encontro levándose a  vitoria por 66-80.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*