Clara victoria do DIMOLK Basket Xiria Artai que o leva camino a segunda fase da 3ª División Autonómica.

Último encontro da liga regular e victoria que da automáticamente o pase á fase de ascenso a 2ª División Autonómica, que comezará en vindeiras semanas a dobre volta, contra o equipo Grupo Pelé Terra Chá-Cidade de Lugo.

Vitoria que se traballou cuarto a cuarto , con un inicio con pouca anotación, causa dos nervios do que significaba o partido para o Dimolk e que a pesar das imprecisións conseguiamos ir por diante nos primeiros 10 minutos de
encontro por 13-9.

No segundo cuarto desaparecerían eses nervios e xa o equipo empezaría a mostrar un bo baloncesto en ataque e moita concentración en defensa o que facía que os locais mandasen comodamente o descanso por 32-17.

Tras o descanso o equipo non baixaría o nivel e iso faría que os visitantes non encontraran a maneira de anotar con facilidade nin de parar o ataque dos nosos , chegando así os últimos 10 minutos co partido practicamente
cerrado 47-26.

Un último cuarto no que co partido xa cerrado nos anteriores 30 minutos , serviu para dar minutos os xogadores que disputaron menos tempo de xogo durante a tempada , e responderían a bo nivel aumentando aínda máis o marcador e cerrando o encontro por un contundente 61-32.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*