Victoria importante do DIMOLK Basket XIRIA Artai ante o CB Oleiros

Volve o equipo de Héctor Añón ao camiño das victorias, con este partido gañado por 7 puntos de diferencia, a pesar das baixas.

Partido correspondente a septima xornada. Encontro no que o Dimolk acusaba as baixas e solo presentaba 8 xogadores.

Partido moi trabado desde o principio con marcadores moi axustados e que o descanso o Dimolk chegaba con unha vantaxe mínima de 3 puntos (32-29). As cousas non cambiaban despois do descanso e o marcador o finalizar o terceiro cuarto seguía ca mínima vantaxe para os nosos (46-43).

Pero no último cuarto chegaría a mellor versión dos nosos , no que os axustes defensivos bloqueaban en ataque os locais , e o acerto desde a linea de tiro libre , daba a vitoria o Dimolk que fai que siga no alto da clasificación , unha semana máis.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*