Suma e sigue para o Dimolk Basket Xiria Artai, que se coloca con 3 victorias.

Unha vitoria moi traballada ,con un comezo moi difícil , no que os dous equipos conseguían anotar con facilidade  

Partido correspondente a segunda xornada , na que se consolidou a segunda vitoria consecutiva .

Unha vitoria moi traballada ,con un comezo moi difícil , no que os dous equipos conseguían anotar con facilidade   (16-23).

No segundo período e grazas a unha gran defensa o noso equipo conseguía abrir brecha no marcador chegando a conseguir unha vantaxe o descanso de 13 puntos (26-39) .

Un terceiro cuarto dominado de principio a fin , con unha defensa que so deixaba os locais anotar 6 puntos , e un ataque liderado por Tato , que conseguía anotar neste cuarto 10 puntos. Deixaba o encontro case sentenciado con un marcador o final do terceiro cuarto de (32- 58).

O último cuarto serviría pa administrar o marcador e sentenciar o encontro dando así a segunda vitoria en dous partidos o Dimolk Xiria Artai.

Destacada a actuación de o Junior Damián , que debutou na categoría Senior sendo así o segundo en facelo despois de que a semana pasada o fixera Samuel .

CRONICA SENIOR 3ª

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*