#SeniorZonal: Victoria do Dimolk Basket Xiria Artai ante o Fundación Culleredo

Gran victoria, cimentada nunha boa primeira parte, ante un rival directo que presentaba varias baixas e se mantivo en todo momento no partido.

Partido correspondente a octava xornada, contra un rival directo que chegaba cas mesmas derrotas que os carballeses, logo de plantarlle cara ao lider da categoría a semana anterior (anotándolle 91 puntos), soubose recompoñer da derrote e amosar a sua mellor cara, sobre todo nos dous primeiros cuartos.

Fundación presentaba notables baixas na formación, e que os locais non deixarían escapar esta oportunidade. O encontro romperíase no segundo cuarto con un parcial de 21-7, que facía que o Dimolk chegase o descanso con unha vantaxe de 36-21.

Tras o descanso os visitantes acercaron a diferencia a 10 puntos , pero os nosos non deixarían de apretar e cerrarían o encontro nun marcador final de 63-47.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*