Sénior FEM | Debút e vitoria do DIMOLK Basket Xiria na súa estrea en Carballo, con vídeo crónica de Iria Sánchez

Non podía comenzar mellor, para este novo equipo Sénior Feminino de Basket Xiria-Artai, que unha vitoria en Carballo, ante o Santo Domingo de Betanzos.

  • ANOTADORAS:
  • Nuria (4), Íria  Sánchez (9 ,2 triplas), Carmen (5), Elba (2), Gabriela (0), Liste(0), Sara (8), Sabela (9 ,1 tripla), Lucía (3 ,1 tripla), Alba (2), Cayetana (6 ,1 tripla), Andrea (2), Paula (-)

Comezo da tempada para o Senior Feminino , formado este ano con  xogadoras moi novas disputando mais da metade do plantel  o seu primeiro encontro na etapa Senior e que comezaba da mellor forma posible que era cosechando a primeira vitoria nesta nova andandura .

O encontro comezaba cos nervios e imprecisións normais despois de tanto tempo sen  competir , pero co paso dos minutos as xogadoras iban encontrando o seu xogo e mandaban no marcador pola mínima (15-13).

O segundo cuarto e xa co equipo expulsando todos os nervios dos primeiros minutos , comezaron a  ver con máis facilidade o aro e acompañados con moi boas defensas , que non deixaban anotar con facilidade o Betanzos facían que a diferencia o descanso fora de 11 puntos ( 32-21).

A dinámica das locais non baixaría o reanudarse o terceiro cuarto , e as accións positivas seguían encandeándose nas dúas partes do campo conseguindo coller unha vantaxe cómoda para afrontar os últimos minutos (50-28).

O último cuarto xa con unha vantaxe  cómoda para as nosas seria de pouca anotación por parte dos dous equipos o que cerraba o marcador nun 53-37 dando así a primeira vitoria para o Dimolk Basquet Xiria-Artai.


Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*