Sénior FEM | A falta de concentración en diferentes momenton, lastran ó Dimok Basket Xiria Feminino.

As xogadoras do Santo Domingo de Betanzos puxeron máis gañas e intensidade para levarse a vitoria no partido da categoría Sénior Feminino de 2ª División Autonómica.

O encontro comezaba con pouca concentración por parte das nosas , que arrancaban o encontro con pouca intensidade e actitude o que facía que as locais se viran con posibilidades e moito máis metidas no partido  facía que comandaran no marcador o remate do primeiro cuarto 16-14.

No segundo cuarto as nosas despertarían e ofrecerían os mellor minutos do encontro chegando así mandando no marcador o descanso pola mínima 29 a 30.

A saída do descanso  sería positiva no referente a defensa con unha defensa zonal que facía entrar en dubidas as locais onde non conseguían anotar, pero a falta de concentración despois das boas defensas conseguindo recuperar o balón con facilidade, transformábanse en perdidas rápidas na saída do balón , o que facía que as locais anotaran o que non eran capaces contra a defensa zonal e dándolle así unha vantaxe o Betanzos o rematar o terceiro cuarto 40-36.

Os ánimos do Dimolk estaban polos súelos , e as de Betanzos polas nubes e iso facía que as locais xogaran con comodidade os minutos finais conseguindo así unha vitoria máis que merecida por 56-47.

A nota máis negativa foron as lesións de Cayetana e Lucía…

A RECUPERARSE!!!

Clasificación 2ª Xornada categoría Sénior Feminino de 2ª División Autonómica.
Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*