PREVIA SENIOR FEM: Zabba Zapatería vs VAZQUEZ Y REINO XIRIA

Novo desprazamento para as de Adrián Seijas, tras a vitoria en Santiago contra Compañía (50-53) e a derrota en Lugo ante Estudantes (56-45), toca afrontar o terceiro partido consecutivo fóra de casa, de novo en Santiago, pero esta vez contra o Zabba Zapatería Otero Caritón, que se atopa en cuarta posición.
 
Hai que destacar a dureza do calendario durante estas semanas para as de Vázquez e Reino, xa que tras enfrontarse ás terceiras e segundas clasificadas nas anteriores semanas, agora tócalles xogar contra as cuartas, para terminar recibindo a semana que vén en Carballo ás líderes invictas.
 
Respecto ao duelo desta fin de semana que se disputará no Lorenzo De La Torre de Santiago, o sábado ás 16.00 h, hai que dicir que as santiaguesas teñen un balance de 8 vitorias e 6 derrotas, mentres que as de Xiria ocupan a oitava praza con 6 vitorias e 7 derrotas. Debido á gran igualdade entre a maioría de equipos da liga, fai que a penas sexan dúas vitorias as que separen a ambas as escuadras.
 
No partido da primeira volta, Zabba Zapatería impúxose por 52-63, grazas a un terceiro cuarto de 4-23 ao seu favor.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*