TRABALLADA E MERECIDA VICTORIA DO VAZQUEZ Y REINO BASKET XIRIA

Carballo, 02/02/2019.

O Sénior Feminino Vazquez y Reino Xiria acadou unha nova victoria en Carballo por 72 a 25, ante o Santo Daomingo de Betanzos, na 2ª División Feminina.

O conxunto adestrado por Adrián Seijas, fixo un partido serio e contundente dende o primeiro segundo, sobre todo cimentado nunha boa defensa, con roubos de balóns, e saídas en contraataque que deron unha clara vantaxe, dende o inicio (1º Q. 21-9). No segundo cuarto continuouse coa mesma tónica, para chegar ao descanso cunha cómoda vantaxe de 43-14.

A partir do descanso a tónica foi a mesma con canastras fáciles en contraataque e xogo colectivo para buscar as mellores opcións de anotar (3ºQ  60-19). Xa do derradeiro cuarto baixo un pouco o ritmo, dada avantaxa para deixar o marcador final en 72 a 25.

basket xiria fem_02.02.19

Traballada vitoria do conxunto sénior Feminino Vázquez y Reino Xiria que iniciaban a tarde gañando, anticipo do que veriamos máis tarde, as 18h co equipo masculino. Destacar tamén que anotaron tódalas xogadoras dispoñibles, xa que Adrián Seijas, non puido contar con Iria Sánchez, Paloma Funes e Noelia Fuentes

IMG_6486 IMG_6483 IMG_6487

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*