CRONICA: VAZQUEZ Y REINO XIRIA 58 – 39 AX SAGRADO CORAZON

Nova victoria para as chicas de Basket Xiria, esta vez na visita a Lugo, por 39 a 58 ante Sagrado Corazón.

Primeira metade moi igualada, 21 a 26 ao descanso para as de Vázquez e Reino, en ataque conseguíanse tiros liberados grazas ao xogo de indirectos, pero o acerto no tiro foi moi baixo durante todo o encontro (tan só un triplo de Ana). Con tan baixa porcentaxe no tiro, recorreuse a unha maior procura de circulación de balón para atopar penetracións claras ao aro.
 
Na segunda metade as lucenses deciden cambiar a defensa individual por unha defensa zonal, que durante o primeiros dez minutos atáscaselle ás de Carballo (8 puntos no terceiro cuarto), a pesar diso non se perde o cuarto, 8-8, grazas ao bo nivel defensivo, 29-34.
 
No último cuarto chegou o acerto, a claridade de ideas para atacar a zona e a velocidade na saída de contraataque, para conseguir 24 puntos. Parcial de 24-10 que permitía ter controlado o partido nos minutos finais.
 
Con todo hai que destacar que a defensa do Vázquez e Reino foi a clave, tan só 39 puntos do equipo rival fixo que a pesar de ter un dos peores días da tempada no tiro por parte do Xiria, puidésese ter opcións de gañar, como así foi finalmente. A boa defensa de indirectos, a correcta defensa de directos e non permitir segundas oportunidades foi moi importante niso.
 
Con esta vitoria as mozas de Adrián Seijas seguen en cuarta posición, a pesar das vitorias das súas perseguidoras pola devandita praza. Cun balance de 10-8 (6-2 na segunda volta).
 
  • Próximo encuentro o sábado ás 20.00h no Vila de Noia contra Laracha. 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*