O Vázquez y Reino Basket Xiria xoga o Sábado en Carballo contra o líder

Mañá Sábado 27 ás 16:00 horas no pavillón Vila de Noia de Carballo, o Vázquez y Reino Basket Xiria terá unha nova proba por diante, xa que nesta tercerira xornada recibirá ó Compañía de María Curves de Santiago de Compostela, equipo que actualmente lidera a clasificación con dúas victorias e 0 derrotas.

Adrián Seijas, adestrador do Senior Femenino de Carballo, recupera para este partido a unha xogadora moi importante como Ana Grille, que poderá facer o seu debut esta tempada no encontro desta fin de semana.

Espérase un partido no que o xogo interior vai a ter moita importancia, así coma as ventaxas que se podan xerar dende o poste. A defensa desta situación será clave para que a victoria se quede en Carballo ou viaxe ata Santiago de Compostela.

A clasificación e xornada actual está como segue:

clasificacion

Moita sorte para o Vázquez y Reino Basket Xiria!

Sen Fem Xiria Est Lugo Oct 18 (9)

Na foto Iria Sánchez, a capitana do equipo, defendida por unha xogadora do Estudiantes de Lugo.

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*