PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS SENIORS

A próxima tarde do sábado 6 de Outubro os dous equipos senior da Escola Basket Xiria van realizar a presentación diante da súa afición.

PRESENTACION SENIOR Invitacion

O pavillón Vila de Noia acollerá as 16:00 horas o primeiro encontro da tarde. O senior feminino Vázquez y Reino Basket Xiria inicia a temporada oficial recibindo no primeira xornada da 2ª División Autonómica o  Estudiantes de Lugo. Será a terceira temporada na que Carballo conte con equipo senior feminino e suporá o debut do novo adestrador Adrián Seijas que deberá dar continuidade o bo traballo realizado por o seu predecesor Javier Varela.

O Vázquez y Reino afronta a tempada con cinco caras novas e curto de preparación debido a tardía posta en marcha do grupo. O incertidume na selección de carreiras universitarias e oportunidades laborais retrasaron o peche do plantel de xogadoras. Aínda así, agardase que o grupo de xoves xogadoras  de unha boa imaxe no debut. A melloría nos adestramentos e evolución durante unha liga longa irá perfilando   o obxectivo máximo ao que poder aspirar. A falta de varios adestramentos programados para este semana, Adrián contará seguro coa baixa  de Ana Grille, que está pendente de diagnóstico médico e non puido comezar todavía o traballo coas súas compañeiras.

A partir das 17:45 será a hora na que se presente diante da sua afición o equipo masculino de Calvo Basket Xiria, en este caso  en partido amigable e diante dun equipo de superior categoría, como é o Estudiantes de Lugo de Liga EBA. O equipo adestrado por Fernando Buendía, que tamén debuta no cargo, aproveitará este partido para seguir dando pasos na súa posta a punto, de cara ao comezo de liga o vindeiro 14 de Outubro en Santiago.

O equipo local presentará 7 caras novas e moita xuventude, para tomar o relevo xeracional do anterior plantel que tantos éxitos acadou. O partido servirá para amosar as características deste novo grupo, que nos partidos de pretemporada disputados ata agora, destacou pola súa agresividade, ilusión e traballo na pista, é na parte menos positiva pola bisoñez e fallos individuais  propios de xuventude. Nesta quinta  semana de adestramento, o equipo aínda debe ensamblar o seu xogo, e mellorar a coordinación e coñecemento entre os xogadores, algo normal, nun plantel con tantos xogadores novos.

Ambos equipos agardan que o público se achegue ó pavillón da Zona Escolar e axuden cos seus ánimos no inicio desta ilusionante temporada.

 

Untitled-1

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*