INICIO DE TEMPORADA PARA OS EQUIPOS SENIOR DA ESCOLA BASKET XIRIA

Os equipos senior masculino e feminino da Escola Basket Xiria reuníronse o luns 3 de setembro no Pavillón Vila de Noia para marcar o inicio dunha nova temporada. O presidente da EBX Marcos Díaz Molk e o coordinador deportivo Arturo Ferraces deron a benvida ás novas incorporacións e agradeceron a continuidade dos demais integrantes. Os obxectivos deportivos para a próxima temporada son os acordes a un clube de canteira que pasan por mellorar o nivel dos xogadores competindo en todos os partidos. O presidente dou importancia a potenciar valores esenciales como o esforzo e compañerismo e tamén recalcou a importancia da comunicación entre xogadores, adestradores e directivas para aportar solucións e mellorar en todo o que se poida.

Reunion Inicio (2) Reunion Inicio (3)

Reunion Inicio (5) 

O novo adestrador do Calvo Basket Xiria Fernando Buendía tivo a primeira toma de contacto cos seus xogadores. O adestrador coruñés agradeceu a confianza que a directica depositou nel e mostrouse con moitas gañas de comezar a adestrar para sacar o máximo rendemento os xogadores.

Reunion Inicio (6)

 

Pola súa parte o equipo senior feminino Vázquez y Reino Basket Xiria xa leva 10 días realizando adestramentos físicos e pronto comezará o traballo técnico en pista. O plantel non está cerrado porque a continuidade dalgunhas xogadoras depende do acceso a universidade e da conciliación co traballo. 

Reunion Inicio (7)

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*