O Vazquez y Reino Basket Xiria seguirá liderando a Segunda Autonómica Feminina

O equipo Senior Feminino Vazquez y Reino Basket Xiria, seguirá liderando o grupo de clasificación da Segunda Autonómica NORTE-2, unha vez se disputen os dous partidos que ten pendentes de xogar durante esta semana.

Vázquez y Reino EBX 53   –   Básquet Coruña Leyma 43

11-18, 12-11, 17-05 y 13-09

Obxectivo máis preto como resumo a un partido moi complicado para as xogadoras carballesas. Tras case 50 días sen competición debido aos aprazamentos das dúas primeiras xornadas de xaneiro contra ADB Fontiñas e Santa María del Mar, o Vázquez y Reino EBX retomaba a competición contra Básquet Coruña para pelexar as prazas de fase de ascenso.

A entrada ao encontro non puido ser peor. A escasa velocidade e agresividade do xogo local permitía ás xogadoras coruñesas anotar con facilidade e non pasar apuros en defensa, chegando ao final do primeiro período cunha vantaxe de sete puntos, 11-18.

Co cambio de cuarto intentáronse axustar os erros defensivos para conseguir transicións rápidas, pero o cambio a unha defensa en zona das visitantes propiciou de novo imprecisións nas xogadoras de Javi Varela cando parecía que estaban entrando en partido. Como consecuencia, o marcador chegaba ao descanso cunha desvantaxe de seis puntos, 23-29.

As opción de clasificación veíanse reducidas cunha derrota no partido e así o entenderon as carballesas, saíndo na segunda parte a pelexar cada posesión como se fose a última. Foi na metade do terceiro cuarto, no minuto 25, cando o Vázquez y Reino EBX logrou darlle a volta ao marcador, 31-30, sendo capaces de rematar o período cun 40-34 a favor.

De novo o cambio a defensa zonal das xogadoras do BCA tratou de cambiar o desenlace do encontro, pero xa non houbo lugar a sorpresa e cun último parcial de 13-09 acadouse a oitava vitoria da tempada, 53-43.

Para rematar, cómpre engadir a novidade de xogar entre semana, pois o vindeiro partido será o mércores día 1 de febrero en A Coruña, onde o Vázquez y Reino EBX se medirá ante o Santa María del Mar, partido aprazado correspondente á xornada 11 de liga.

Polo Vázquez y Reino EBX xogaron e anotaron:

6-Laura (7), 7-Iria, 10-Ana (5), 12-Silvia (19), 13-Sara (4), 14-Limeres (8), 15-Cris, 21-Estela (4), 23-Irene, 28-Alba, 32-Andrea (6) y 42-Lucía

A clasificación nestes momentos, con dous partidos aprazados das Carballesas queda da seguinte forma:

clasificacion-feminina

fotos-encontro

EN LA PRENSA

gran-partido-femenino

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*